miércoles, 18 de diciembre de 2013

Pareidolia

Boas, xente!
Hoxe traio unha nova foto! Na clase estivemos vendo o que son as ilusións ópticas (hai unha nas entradas anteriores) e tamén as pareidolias.
Unha pareidolia é un fenómeno psicolóxico no que un estímulo se percibe erróneamente como unha forma recoñecible. É dicir, vemos un obxecto onde realmente non o hai.
Aquí deixo a foto, a que semella unha cara?
De Cultura Audiovisual 13-14

No hay comentarios:

Publicar un comentario